BENESTAR SOCIAL
Cruz Vermella e o Concello de Santiago teñen actualmente un convenio en vigor e colaboran mutuamente por exemplo no servizo de prestación de alimentos.
O Concello e Cruz Vermella manteñen a súa colaboración
02/07/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, reuniuse co novo coordinador de Cruz Vermella en Compostela, Santiago López Insua, e fixeron un repaso dos asuntos e materias nos que colaboran ambas institucións.
O novo coordinador e a concelleira revisaron o estado dos proxectos en común e puxeron as bases para seguir optimizando os recursos cos que contan ambas instuticións de cara a unha mellor coordinación que redunde nunha mellor prestacións dos servizos.Cruz Vermella e o Concello de Santiago teñen actualmente un convenio en vigor e colaboran mutuamente por exemplo no servizo de prestación de alimentos.