ALCALDÍA

Carrefour valora positivamente o funcionamento do centro comercial das Cancelas tras seis meses de apertura

01/07/2013 O responsable institucional de Carrefour, Alberto Larrosa, reuniuse co alcalde compostelán, Ángel Currás, e coas concelleiras María Pardo e Reyes Leis para facer balance dos primeiros seis meses de vida do centro e para poñer en común os novos proxectos de futuro.

Segundo indicou a concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, Larrosa anuncioulles que van presentar un plan de acción do centro para os próximos meses, co fin de seguir mellorando os servizos que ofrecen e implementar o achegamento á cidadanía. Neste sentido, o centro comercial das Cancelas xa está a colaborar coas festas do barrio de San Lázara e tamén coas do Apóstolo.

Na xuntanza, Alberto Larrosa, manifestou a súa satisfacción polos resultados acadados tanto polo supermercado como polos comercios ubicados no centro comercial, tendo en conta a coxuntura actual.

Compartir: