ECONOMÍA

O Concello organiza o primeiro Foro Santiago Investors Support

01/07/2013 O Foro, que se celebrará o 10 de xullo no Auditorio de Novagalicia Banco, centrarase no emprendemento. No evento entregaranse os Premios Emprende Santiago, organizados por AJE A Coruña e patrocinados polo Concello.

A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou o primeiro Foro Santiago Investors Support, que ten por obxecto convertirse nunha xornada de referencia para emprendedores e empresarios da cidade. Neste primeiro ano o Foro xirará en torno ao emprendemento e será tamén o marco no que se entregarán os Premios Emprende Santiago, que naceron esta ano da man de AJE A Coruña co patrocinio do Concello.

O Foro celebrarase o 10 de xullo no Auditorio de Novagalicia Banco. A inscrición é gratuita e pode facerse a través da páxina web da Concellería de Economía, www.cersiaempresa.org. O encontro busca tres obxectivos diferenciados: achegar coñecemento útil e de sinxela aplicación sobre cuestións básicas para a creación e xestión empresarial; motivar para o emprendemento, amosando exemplos de boas prácticas; e posta en valor da figura do empresario.

O programa conta coa presenza de diferentes profesionais e emprendedores, que amosaran os seus puntos de vista sobre distintas temáticas.

D. Mario López Guerrero: Soñador e apaixoado. O seu obxetivo é axudar a que todas as persoas saquen todo o potencial que levan no seu interior. Responsable de Atendo Formación e Investigación S.L. e Velloso Gestión Creativa. É Presidente do Colexio de Politólogos e Sociólogos de Galicia, membro da Asociación Española de Ciencia Política (AECPA) e do Centro de Estudios do Pensamiento Antigo de Francia. Doctorando en Ciencias Políticas e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela. Experto en análise do discurso e construcción de identidades políticas. Diploma de estudios avanzados en procesos políticos contemporáneos e licenciado en ciencias políticas e da Administración Pública.

D. Eloy Gesto Beiroa: É Trainer Comercial, experto en vendas, desenvolve as súas labores de formación na área comercial. Tamén desenvolve labores de Consultoría comercial a empresas e colectivos. Na actualidade imparte seminarios e obradoiros de comunicación comercial, además de participar como poñente en diversos foros e eventos profesionales. Destaca a súa labor como promotor do evento Open Your Mind SCQ Atrévete. Da súa formación destaca o seu paso por unha das Escolas de Comunicación e Relacións Humanas máis importantes do mundo, o Instituto Dale Carnegie Training.

Dña. Marisol Vázquez: Emprendedora de nacemento cree fielmente na capacidade do ser humano para conquerir todo aquilo que se propoña. Posúe unha ampla traxectoria profesional de máis de 10 anos xestionando equipos comerciais en postos de alta responsabilidade que avalan a súa capacidade de comunicación e análise para o desenvolvemento profesional e persoal das organización. Actualmente, ademáis de colaborar con importantes empresas de Formación e desenvolvemento do capital humano; lidera, xunto con dúas socias, o seu propio proxecto empresarial: Grupo Affines cuxo obxetivo é axudar ás personas a descubrir e empregar o seu potencial para conquerir aquilo de desexan. Destaca a súa labor como promotora do evento Open Your Mind SCQ Atrévete.

D. José Antonio Velo: Licenciado en "Comunicación audiovisual" pola Universidade Pontificia de Salamanca. Traballou en MARCA como postproductor, editor, e ás veces cámara e desñador de todos os contido producidos por MARCA para VEO TV. Como freelance de "coordinador de postproducción" nos que conquista varios PROMAX BDA, EUROPEOS, LATINOS, e MUNDIALES, nos los que fixo acopio de estatuillas de todas as aleacións. Actualmente lidera ASTRÁGALO STUDIO S.L. , un proxecto que recibe o "Premio Eduardo Barreiros á mellor iniciativa empresarial 2009" da cidade de Ourense.

D. Andrés Tarasco: Máis de 10 anos de experiencia como analista de seguridade informática, traballando no Tiger Team del Grupo SIA, no Advance Security Center (ASC) de Ernst & Young Madrid e en Tarlogic Security. Ao longo dests anos ten colaborado cun grande número de multinacionais e de empresas españolas que cotizan en el IBEX 35, axudando a protexer as súas infraestructuras fronte a accesos non autorizados e axudando a evitar fugas de información corporativa. Na actualidade lidera o departamento de consultoría de Tarlogic Security, que ofrece servizos especializados no ámbito de la seguridad IT.

D. Roberto Pérez Marijuan: impulsor do proxecto Suma Importancia, conferenciante profesional. Consultor web desde 1999 Roberto Pérez Marijuán ten participado na defición e estratexia de máis de 300 proxectos en internet para empresas de todos os tamaños e sectores.

D. Juan José Romero Crusat: impulsor do proxecto Suma Importancia, conferenciante profesional. Con formación en Administración e Dirección de Empresas e máster en Dirección de Equipos Comerciales por ESIC, Juan José Romero é un apaixoado do mundo empresarial que traballou durante 15 anos nos departamentos de Marketing-Ventas de importantes multinacionais do sector farmacéutico.

A moderadora do acto será Montse Sánchez Agustino. Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, orientou dende o seu comezo a súa carreira profesional ao mundo empresaril no sector farmacéutico en diversos postos de responsabilidade en organización multinacionais: : Laboratorios Grifols, Laboratorios Pharmacia, Laboratorios Pfizer. Esta bagaxe profesional, acompañada dunha coidade formación académica –ten cursado dous másters de dirección de empresas: Master in Business Administration Executive por ICAIICADE,Universidad Pontificia de Comillas, e Master de administración de empresas pola Universidad de Santiago de Compostela, así como master en Dirección y Desarrollo de personas por ESADE- tenlle permitido adquirir diversas habilidades de xestión nas máis complexaws áreas empresariais.

Documentos relacionados



Compartir: