COMERCIO

O pequeno comercio desfila na Cidade da Cultura

29/06/2013 Vinte e sete comercios participaron na Cidade da Cultura no desfile "Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda", ao que asistiu a concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis, e o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, entre outras autoridades.

Os participantes na categoría téxtil muller foron Simplemente Luna (Xeneral Pardiñas, 27), Friseé (Xeneral Pardiñas, 40), Ela Diz (Rúa Nova, 24), Allegra (Alfredo Brañas, 17), Charol (República Salvador, 14), Xanela da Danza (Rosalía de Castro, 51), El vestidor de Alicia (Rúa San Lázaro, 16), Kookai (Doutor Teixeiro, 20) e Yumana (San Pedro, 74). A cerimonia muller correu a cargo do comercio Allegra.

Na categoría téxtil home participaron Cultura Urbana (Fernando III O Santo, 1), Garisom (Rúa do Vilar, 11) e Valente Moda Hombre (Rosalía de Castro, 83-85). Tanto Garisom como Valente Moda Hombre tamén o fixeron a través da categoría cerimonia home.

En complementos desfilaron Como pez en el agua (San Pedro, 79), Opticalia (Xeneral Pardiñas, 11), Óptica Novalux (República Argentina, 9), El taller de Fer (San Pedro, 109) e Perfumería Dulce Calvo (Xeneral Pardiñas, 38).

En Xoiaría, Xoiería Jael (Xeneral Pardiñas, 7) e Katuxa Platero Joyas de Autor(Rúa do Vilar, 45). En Infantil, Teté Niños (Montero Ríos, 16), Lio Lio (Hórreo, 84), Pio Pio (Rosalía de Castro, 48) e Calzados Chiqui (Alfredo Brañas, 11).

Na categoría zapatería os participantes foron Cuplé (Alfredo Brañas, 14 ) e Calzados Seijas (República Argentina, 18). Finalmente, na categoría Deportes, Centro Deportivo (San Pedro de Mezonzo, 28) e Amancio Deportes (Rosalía de Castro, 38).

Foi o acto final do programa de dinamización comercial promovido pola Concellaría: Sensación-all Compostela 13.

Compartir: