PLENO

O Pleno declara de utilidade pública a construción da sede da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

27/06/2013 O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de xuño, declarou por unanimidade de utilidade pública a construción da sede da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, a efectos da bonificación do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). Ademais, tomou en coñecemento a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que afecta aos capítulos IV e V da normativa urbanística, así como aos artigos 125.6 e 126.7.

Tamén por unanimidade e a petición do municipio de Torre de Juan Abad (Ciudad Real), aprobouse unha proposición en apoio á solicitude desta vila á Unesco para que se lle recoñeza o título de Señorío de Quevedo.

Compartir: