MOBILIDADE

Arrancan os novos horarios de verán do servizo de transporte urbano

27/06/2013 Tras as últimas adaptacións da rede de transporte urbano á nova realidade da cidade, búscase agora un asentamento da mesma. É por iso que os cambios nos horarios respecto ao verán pasado son mínimos. Ademais, dáselle continuidade ás ampliacións introducidas nos horarios de inverno nas liñas circulares C2, C4, C5 e C6.

Dentro destes novos horarios inclúense dúas modificacións que entrarán en vigor a partir do 15 de xullo. Son as seguintes:

- A liña 1 variará o seu percorrido, rematando a partir do 15 de xullo no cemiterio de Boisaca.

- Ponse en marcha da nova liña P6, que dotará de servizo ao polígono do Tambre. Esta nova liña, créase para dar cumprimento á sentenza xudicial que impedía ao transporte urbano cubrir o polígono do Tambre. Dende o punto de vista da mobilidade, terá a seguinte estrutura, actuando como cabeceiras o polígono do Tambre e a rúa da Rosa:

Os horarios de luns a venres serán os seguintes: saídas do polígono do Tambre: 7.00 – 8.05 – 9.05 – 10.05 – 14.05 – 15.05 – 20.05 – 21.05 e 22.05; saídas da rúa da Rosa: 6.40 – 7.25 – 8.25 – 9.25 – 13.25 – 14.25 – 19.35 – 20.25 e ás 21.25. Tal como se indicou anteriormente, deste xeito dáse cumprimento á sentenza xudicial favorable á empresa Grabanxa, que é quen vai realizar este servizo. Os horarios establecéronse tras a análise das horas de maior actividade.

O resto de horarios poderanse consultar na páxina web www.tussa.org. Lémbrase igualmente a todos os usuarios que poden consultar calquera dúbida no 901 120 054 ou ben a través dos perfís de Tussa en Twitter e Facebook.

Servizo para o concerto do 28 de xuño
Tussa comunica tamén que, para o concerto que se celebrará mañá venres, 28 de xuño, no Multiusos Fontes do Sar, establecerase un servizo directo entre a rúa Ramón Piñeiro e o lugar do evento dende as 17.00 horas. Ao remate do concerto haberá servizo ata a rúa Ramón Piñeiro. As liñas C5, C6 e 9 tamén inclúen no seu percorrido o Multiusos Fontes do Sar.

Compartir: