ECONOMÍA
O premio diríxese a empresarios menores de 41 anos que constituíran unha empresa en calquera das súas formas xurídicas (autónomos, sociedades civís, sociedades limitadas, etc.) e que esta teña sede social en Santiago, independentemente da súa actividade principal e do seu sector empresarial. No caso de sociedades, a participación dos novos empresarios debe ser polo menos un 25% do capital social da entidade.
O gañador da categoría Premio Xove Empresario Santiago recibirá un premio valorado en 6.000 euros en programas de formación de alto rendemento empresarial para a mellora da xestión empresarial no Instituto de Formación Financeira e Empresarial (IFFE) e un programa de crecemento e consolidación empresarial que se desenvolverá durante un período de tres meses a través de DCM Asesores.
O triunfador da categoría Premio AJE Junior Santiago recibirá un premio valorado en 3.000 euros en programas de formación de alto rendemento empresarial no IFFE e un programa de crecemento e consolidación empresarial que se desenvolverá tamén durante tres meses a través de DCM Asesores.
Os criterios de valoración do xurado serán: creación de emprego estable, volume do investimento realizado, carácter innovador e diversificado do proxecto, grao de proxección nacional e internacional, boas prácticas na xestión empresarial, grao de implicación no asociacionismo empresarial e respecto polo medio ambiente. Os premios entregaranse o día 10 de xullo no Foro Santiago Investors Support que se celebrará no Auditorio Novagalicia Banco.
A presentación das empresas candidatas foi conducida e moderada por Víctor Grande e contou tamén cunha ponencia a cargo de Mario López Guerrero, quen animou a todas as empresas participantes a ver o futuro en positivo.
As candidatas aos Premios AJE Emprende Santiago presentaron as súas propostas
27/06/2013 O edificio Cersia acolleu a apertura das presentacións de empresas candidatas aos Premios AJE Emprende Santiago. Asistiron a concelleira de Economía, Reyes Leis; o presidente de AJE A Coruña, Oscar Valcuende; o director do IFFE, José Luis Cabarcos; o presidente de Espina Obras Hidráulicas e padriño desta edición, Antonio González de Espina; e a coordinadora de AJE Santiago, Carmen José López.
O Premio Emprende Santiago busca recompensar o espírito de loita que move os mozos a superar todos os obstáculos e a utilizar a súa imaxinación, os seus recursos e a súa enerxía en crear unha empresa da que toda a sociedade se beneficie. Estes premios queren servir, ademais, para reclamar en voz alta o apoio de todos ao colectivo de emprendedores e novos empresarios como protagonista do presente e do futuro de Galicia.O premio diríxese a empresarios menores de 41 anos que constituíran unha empresa en calquera das súas formas xurídicas (autónomos, sociedades civís, sociedades limitadas, etc.) e que esta teña sede social en Santiago, independentemente da súa actividade principal e do seu sector empresarial. No caso de sociedades, a participación dos novos empresarios debe ser polo menos un 25% do capital social da entidade.