RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Reunión do Padroado da Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego

26/06/2013 O concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, asistiu á reunión do Padroado da Fundación Antonio Fraguas, celebrada no Museo do Pobo Galego.

Esta Fundación ten a misión de proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Antonio Fraguas e toda a xeración por el representada, crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia.

O Concello de Santiago forma parte do Padroado da Fundación e da súa Xunta Reitora.

Compartir: