CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo de inscrición na viaxe á costa vasca do programa "Imos de excursión 2013"

25/06/2013 A Concellería de Centros Socioculturais abre a partir deste martes 25 de xuño, ás 17:00 horas, o prazo para participar na próxima viaxe organizada no marco do programa Imos de excursión 2013. Será a denominada "Costa vasca", que se desenvolverá os días 11,12,13 e 14 de xullo de 2013.

O programa da viaxe permitirá aos participantes facer un percorrido por significativos lugares do País Vasco, como Santurce, Getxo, Bilbao, San Sebastián, Zarautz ou Castro Urdiales, entre outros, achegándose a súa cultura e riqueza natural e patrimonial.

A viaxe ten un prezo de 226 € por persoa en habitación dobre. Inclúe o autocar gran turismo, hotel de tres estrelas na zona oriental de Cantabria, pensión completa, guía acompañante e guías locais en San Sebastián e Bilbao. Tamén está contemplado no prezo o seguro de asistencia e de viaxe.

Información e inscrición nos centros socioculturais.

Compartir: