CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Vive o verán" programou unha sesión de pesca sen morte na Granxa do Xesto

22/06/2013 O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, participou na Granxa do Xesto nunha sesión de pesca sen morte, incluída nas actividades do programa Vive o verán!. Esta xornada de aproximación dos máis novos ao mundo das artes da pesca, estivo conducida por expertos da Sociedade de Caza e Pesca La Venatoria.

Grazas a esta actividade gratuíta, os participantes puideron realizar pesca sen morte de troitas e asistir a un taller de montaxe de plumas. Os rapaces podían levar as súas propias canas, ou adquirir unhas na propia Granxa do Xesto a un prezo de 5 euros. As troitas depositadas para a ocasión nos estanques quedaron alí para que outros interesados tamén poidan practicar a pesca sen morte.

Compartir: