CULTURA

Mofa e Befa pechan esta temporada e abrirán a próxima do ciclo Teatro & Danza

21/06/2013 O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou no Teatro Principal, as das dúas obras que nos achegarán Mofa e Befa (Producións Teatrais Excéntricas): Sempre ao lonxe e Románticos. Estivo acompañado do director Quico Cadaval e dos actores Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Piti Sanz.

O Teatro de Mofa e Befa subirá as táboas do Principal a semana vindeira con dúas obras: Sempre ao lonxe (martes 25 e mércores 26) e Románticos (xoves 27 e venres 28). As entradas están a venda a 10 euros, 6 euros no anfiteatro, cun bono especial de 15 euros que permitirá gozar, con desconto, das dúas comedias.

Estas dúas obras pechan a temporada do ciclo Teatro & Danza que se inaugurará de novo a volta do verán coa estrea absoluta da nova produción de Excéntricas: Da Vinci tiña razón!, do dramaturgo Roland Topor.

Compartir: