CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ábrese o prazo para catro prazas vacantes nas Mañás de xogo dos locais de Busto-Nemenzo-Marantes

19/06/2013 As Mañás de verán e as Mañás de xogo nos centros socioculturais xa teñen os seus participantes seleccionados, logo do sorteo celebrado o dia 18 de xuño no CSC do Ensanche. As listas cos admitidos definitivos poden consultarse tanto no documento adxunto a esta noticia como na web www.santiagosociocultural.org e nos distintos centros socioculturais onde se desenvolverán as actividades.

Logo do sorteo, hai un único grupo da actividade Mañás de xogo, o dos locais socioculturais de Busto-Nemenzo-Marantes, no que existen catro prazas vacantes. Por iso, abrirase un novo prazo, a partir do xoves 20 de xuño, ás 17:00 horas, para que as familias interesadas e que cumpran os requisitos da convocatoria presenten a solicitude (modelo dispoñible na web de centros socioculturais) no Centro Sociocultural do Ensanche. As catro prazas cubriranse por rigorosa orde de presentación.

As Mañás de verán e as Mañás de xogo permitiran que 185 rapaces de Santiago gocen durante o mes de xullo dunhas lúdicas xornadas matinais nos centros socioculturais urbanos e das parroquias.

A actividade organizada na parroquia de Figueiras, Campamento Infantil en Figueiras, tamén cubriu as súas 25 prazas.

Documentos relacionados



Compartir: