SANIDADE

Uns peregrinos moi especiais na busca dun fogar uníronse a Romaría Pop

15/06/2013 Por cuarta vez, os cans residentes no Refuxio de Bando, xunto con voluntarios e padriños realizaron a última etapa do Camiño de Santiago, para dirixirse logo ao Parque de Belvís. Alí, como novidade e no marco da Romaría Pop, houbo unha Pasarela de Adopción dos cans participantes e un posto informativo.

Este "Minicamiño" arrincou do Refuxio de Bando, de onde sairon dez cans residentes e outros 12 acompañados polos seus padriños e madriñas. A cuarta edición desta peregrinación rematou coa I Pasarela de Adopción, que se celebrou tamén en Belvís. Os cans que participaron no "Minicamiño" desfilaron para que todos puideran coñecer a súa historia e as súas facultades, e así conseguir o seu primeiro premio: un fogar.

Xa dende a mañá houbo un posto con información sobre os modos de colaborar co Refuxio. Tamén se vendeu material do centro para recadar fondos.

Compartir: