RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Santiago de Compostela participa nun encontro internacional de cidades irmandadas con Coimbra

15/06/2013 Coimbra recibiu os días 13 e 14 de xuño delegacións de nove cidades irmandadas con esta cidade portuguesa. Representando a Santiago asistiu o terceiro tenente de alcalde e concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya. Tamén participaron as cidades de Aix-en-Provence (Francia), Beira (Mozambique), Damão (Índia), Esch-sur-Alzette (Luxemburgo), Fez (Marrocos), Santa Clara da California (USA), Mindelo (Cabo Verde) e Yaroslavl (Rusia).

Na sesión oficial deste I Encontro de Cidades Irmandadas con Coimbra, o presidente do Municipio de Coimbra, João Paulo Barbosa de Melo explicou os obxectivos desta iniciativa e transmitiu a súa visión sobre as colaboracións institucionais. "Que este encontro sexa un marco na relación entre as nosas cidades e sirva para desenvolver un traballo conxunto que envolva as nosas institucións, empresas e universidades", afirmou. "Precisamos uns dos outros para sermos máis fortes e o pragmatismo ao que a actual coxuntura nos obriga aconsella a que estas colaboracións sirvan esencialmente para o desenvolvemento de novas complicidades e de proxectos mobilizadores", continuou.

Compartindo a sua visión sobre a esencia dos acordos de irmandade, Barbosa de Melo recordou que moitas das historias que están na orixe destas relacións se perden no tempo e que, polo tanto, os responsables políticos teñen o deber de ollar para estes acordos, avalialos e dinamizar aqueles que se manteñen "vivos". "Debemos refundar estas irmandades con base na promoción de proxectos comúns asociados á xestación urbana, à cultura, ao investimento e à educaçión. Todos temos a experiencia de viaxar pelolo mundo e de ter acceso a moitas boas prácticas en calquera destas áreas. Temos, así, o deber de percibir o que se fai de mellor e de aprender uns cos outros", argumentou.

Esta sessão de abertura decorreu ao longo da manhã, com cada uma das nove delegações a fazer uma apresentação da sua cidade e a partilhar alguns dos principais projetos que estão a desenvolver. Aix-en-Provence (França), Beira (Moçambique), Damão (Índia), Esch-sur-Alzette (Luxemburgo), Fez (Marrocos), Santa Clara da Califórnia (EUA), Santiago de Compostela (Espanha), Mindelo (Cabo Verde) e Yaroslavl (Rússia) são as cidades que se fazem representar neste encontro.

As representacións das cidades estiveron no Colexio de S. Bento, na Universidade de Coimbra, para ser recibidas pelo reitor, que fixo unha presentaçión da candidatura do conxunto Universidade, Alta e Sofia a Patrimonio Mundial da UNESCO. Seguiu unha visita aos puntos máis emblemáticos da UC e o día rematou coa visita ao Museo Nacional Machado de Castro.

Para a mañá da segunda xornada estaban previstas visitas de traballo ás empresas Critical Software e Bluepharma e unha presentación do IPN ás delegacións.

Compartir: