URBANISMO

Sánchez Bugallo agarda que o PXOM estea listo en mes e medio

16/06/2006 O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a redacción o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), pode estar rematada no prazo dun mes e medio. Este é o obxectivo co que vai traballar a Comisión Directora, que nas vindeiras tres xuntanzas abordará os tres puntos principias do plan: infraestruturas e dotacións, solo urbano e solo rural.

Sánchez Bugallo indicou que se vai facer "un esforzo de integración ata o límite" das alegacións, pero sempre "sendo coherentes co modelo de cidade e dentro do marco legal". Sinalou que se vai buscar o maior consenso, pero lembrou unha vez máis as limitacións que impón a Lei do Solo, especialmente no eido rústico.

A novo PXOM quedaría así listo para despois do verán. Unha vez recibido o visto bo municipal, o documento será remitido á Xunta para a súa aprobación definitiva.

Compartir: