BENESTAR SOCIAL

Un encontro reúne en Santiago 50 mulleres con discapacidade da provincia da Coruña

14/06/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu no Hotel Porta do Camiño á inauguración do encontro provincial "Espazos para a Reflexión. Mulleres con capacidade", organizado pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar).

Este evento reúne 50 mulleres con discapacidade da provincia da Coruña para abordar temáticas diversas temáticas de actualidade. Así, na xornada da mañá, tratáronse cuestións como a erspectiva sociosanitaria nas mulleres con discapacidade, a visión das mulleres con discapacidade nos medios de comunicación ou a perspectiva do liderado. Para a tarde estaba previsto un obradoiro de igualdade interseccional e un relatorio sobre a experiencia de participación na Asemblea de Acadar.

Compartir: