CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ruta micolóxica polo Tambre

14/06/2013 O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha nova xornada dedicada ás setas o sábado 15 de xuño. Está organizada pola Asociación Micolóxica Pan de Raposo e a Concellería de Centros Socioculturais.

A partir das 9:30 horas, os participantes partirán en coche dende o CSC de Conxo para logo realizar unha ruta micolóxica polo Tambre. O percorrido, de dificultade baixa, durará en torno ás tres horas. As prazas son limitadas, polo que hai que realizar unha inscrición previa.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, conferencia de José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo, titulada Dyscomycetes: operculados e inoperculados.

Documentos relacionados



Compartir: