ALCALDÍA

Inaugurada no Hostal a exposición "Mirar Japón", de J.F. López "Francés"

13/06/2013 Coincidindo coa visita do príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, Casa Galicia Japón organiza no Hostal dos Reis Católicos a exposición "Mirar Japón", do escultor compostelán José Francisco López "Francés". O alcalde, Ángel Currás, asistiu á inauguración da mostra.

"Mirar Japón" representa un camiño que parte do País do Sol Nacente ata as terras de Poñente. A obra máis recente de Francés é un manifesto deste percorrido. A mostra do Hostal terá continuidade unha semana máis tarde coa presentación no espazo de arte Campus Stellae doutra parte da obra do autor, de carácter máis íntimo, ampliando un percorrido para todos os visitantes dende o Hostal ata a galería de arte.

Na súa visita a Santiago, Naruhito recibirá unha obra de Francés especialmente deseñada para o príncipe herdeiro nipón.

Compartir: