TURISMO

Turismo de Santiago completa a reforma da Oficina de Información Turística Municipal

13/06/2013 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou aos medios de comunicación a reforma completa da Oficina de Información Turística Municipal, situada na rúa do Vilar, 63. O obxectivo da reforma era adecuar o espazo, facéndoo máis útil e transparente, para poder atender dun mellor xeito ao volume de persoas que empregan os servizos de información.

No ano 2012 atendéronse na Oficina de Información 193.101 consultas, un 2% máis que as 189.134 do ano 2011. O crecemento foi posible grazas ao aumento de consultas de turistas estranxeiros, que por primeira vez superou o número de consultas de turistas españois. Así, as consultas internacionais en 2012 foron 102.827, fronte as 92.590 do ano 2011, mentres que as consultas de españois pasaron de 96.544 no 2011 a 90.274 no 2012.

Moitos composteláns empregan tamén os servizos da Oficina de Información Turística para facer consultas sobre a actividade cultural e de ocio na cidade. No ano 2011 atendéronse 12.099 consultas, mentres que no 2012 foron 9.839. Turismo de Santiago conta ademais, con respecto a temporada pasada, cunha nova Oficina de Información Turística na nova terminal do aeroporto de Lavacolla.

Compartir: