COMERCIO

Ábrese a inscrición no programa comercial "Sensación-all Compostela 13"

11/06/2013 O programa de dinamización comercial Sensación-all Compostela 13, o teu comercio está de moda, promovido pola Concellaría de Comercio en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e coa Fundación Cidade da Cultura na cesión de infraestrutura para o desfile, ofrecrá para Santiago vivir unha semana de moda e, para os comercios participantes, a posibilidade de ter un Look Book promocional do seu establecemento, así como a participación no desfile final que se celebrará na Cidade da Cultura o sábado 29 de xuño. O prazo de inscrición comeza ás 12:00 horas do día 12 de xuño e remata o 17 de xuño ás 15:00 horas.

Poderá participar neste programa todo pequeno comercio que cubra e firme as bases do evento dentro da data límite de presentación. A inscrición realizarase mediante o envío das bases asinadas ao correo electrónico comercio@santiagodecompostela.gal ou ao fax 981543193. O comercio poderá solicitar toda a información que precise para valorar a súa participación no evento no seguinte contacto (e-mail: comercio@santiagodecompostela.gal, ou no teléfono 680322350). Participará ata un máximo de 30 comercios con arranxo aos criterios establecidos nas bases da convocatoria.

A información completa e bases do programa estará a disposición de toda persoa interesada a partires do 12 de xuño nesta web.

Compartir: