XUVENTUDE

Galicia e Polonia, unidas por un proxecto europeo en torno ao Camiño

11/06/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e os concelleiros Rebeca Domínguez, Francisco Noya e Amelia González recibiron os participantes no proxecto Comenius Regio, cofinanciado polo Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, no que están involucrados administracións, escolas e organizacións de Polonia e España. A participación de Santiago neste programa corre a cargo da Escola de Tempo Libre Don Bosco.

Comenius Regio é un proxecto de dous anos de duración no que se intercambian experiencias en materia de actividades culturais e política cultural-educativa. Como nexo de unión para este intercambio bilateral emprégase o Camiño de Santiago e a súa herdanza cultural, xa que pola rexión dos socios polacos tamén discorre un tramo do Camiño coñecido como Vía Regia.

Ao longo do proxecto realizaranse 24 mobilidades en cada país repartidas en diferentes datas. Actualmente, o proxecto están a súa fase intermedia, cos socios polacos realizando a súa segunda visita a Galicia. Na delegación visitante atópanse mestres e representantes das administracións públicas, tanto polacos como españois.

Os socios involucrados no proxecto son:

- Distrito de Bedzin(Polonia).
- Escola de ensinanza secundaria Cyprian Kamil Norwid de Bedzin(Polonia).
- Escola de ensinanza secundaria Juan Pablo II de Siewierz(Polonia).
- Casa da Cultura de Bedzin(Polonia).
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
- IES A Xunqueira II de Pontevedra.
- CEIP Froebel de Pontevedra.
- ETL Don Bosco de Santiago de Compostela.

Compartir: