PLENO

Apoio do Pleno municipal á demanda de devolución da totalidade dos seus aforros aos afectados polas preferentes e subordinadas

11/06/2013 O Pleno da Corporación acolleu unha sesión extraordinaria na que se abordou a situación dos afectados e afectadas polas participacións preferentes e obrigas subordinadas. Os tres grupos municipais expresaron o seu apoio a estes afectados e demandaron a devolución da totalidade dos seus aforros.

Ademais do alcalde e dos voceiros dos tres grupos municipais, tiveron ocasión de intervir no Pleno, sen limitación de tempo, Eugenia Mariño Rodríguez, en representación da Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforros e Seguros de Galicia (Adicae); Carmen Gondelle, afectada e representante da Asociación de Veciños do Castiñeiriño; e Xesús Domínguez, en nome da Plataforma de Afectados de Compostela e Comarca. Este cifrou en máis de 2.000 os afectados por estes produtos financeiros en Santiago.

Ante a limitación de aforo do salón de plenos, os afectados que non puideron acceder á sesión puideron seguila a través dun circuíto pechado de televisión disposto no propio Pazo de Raxoi. A sala esgotou o seu aforo coas 30 persoas acreditadas polos diferentes medios de comunicación.

Compartir: