XUVENTUDE

Un programa de voluntariado medioambiental permitirá rehabilitar a carballeira do lugar de Tarrío (O Carballal)

10/06/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, mantivero unha reunión en Raxoi con representantes da Igaxes3 e Don Bosco, cos que falou sobre o programa de voluntariado medioambiental posto en marcha polo Concello en colaboración con estas dúas entidades.

Rebeca Domínguez apuntou que o proxecto, nado hai un mes e medio, está na fase de captación do voluntariado, que se canalizará a través de Igaxés3 e Don Bosco. En función dos mozos e mozas inscritos, abriríase ou non o proxecto a outras entidades.

Os voluntarios deste programa realizarán a rehabilitación da carballeira do lugar de Tarrío, na parroquia do Carballal, un espazo de "gran valor medioambiental" que "leva sen limpar dez anos", indicou a concelleira. A previsión é que xa se poidan realizar actuacións puntuais no mes de xullo, para retomar logo os traballos ao inicio do curso escolar. Indicou que nestes labores tamén colaborarán voluntarios de Protección Civil.

A edil confía que estas tarefa de rehabilitación, moi demandadas polos veciños, contribúa a "promover valores ambientais e educativos".

Compartir: