EDUCACIÓN

As familias coñeceron a Escola Municipal de Música nunha xornada de portas abertas

08/06/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, asistíu á Xornada de Portas Abertas da Escola Municipal de Música.

Todos os pais e nais interesados en iniciar aos seus pequenos na educación musical puideron coñecer as instalacións, o profesorado e mesmo participar nalgunha actividade. A xornada iniciouse cun concerto de benvida, continuando coa visita ás instalacións e cun concerto dos alumnos. Tras a música houbo unha sesión informativa sobre o proceso de matrícula na Escola Municipal de Música.

Compartir: