SEGURIDADE CIDADÁ

Entrega de distincións á Policía Local

07/06/2013 Os concelleiros de Seguridade Cidadá, Luis Bello e de Persoal, Amelia González, asistiron na Academia Galega de Seguridade (A Estrada) ao acto de entrega de diplomas e distincións á Policía Local. 19 axentes recibiron o recoñecemento por cumprir 25 anos de servizos e oito recolleron os seus diplomas tras rematar o curso previo á toma de posesión dos seus novos cargos como oficiais e inspectores. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Os 19 policías locais, pertencentes á promoción de 1987, que recibiron o Distintivo de Permanencia no Servizo foron: Eduardo Becerra Bello, Jesús Capeáns Varela, Anselmo Carou Feijoo, Juan Carlos Cobas Prieto, Martín Giadáns Santos, José Antonio Mourelos García, Juan Ángel Noya Padín, José Agustín Paz García, José Antonio Pena Santamarina, Jesús Pérez Martínez, Javier Porto Becerra, Francisco Portos Carnota, José Antonio Redondo Couso, Manuel Seoane García, José Ramón Silva Dieste, Joaquín María Souto Iglesias, Carlos Francisco Souto Varela, Santiago Tojo Rozas e José Manuel Uzal Rodríguez.

Recibiron o seu diploma de asistencia ao curso da Academia Galega de Seguridade, tras promocionar a cargos superiores, José Manuel Traba Gesto, José Ramón Silva Dieste e Jesús Pérez Martínez, que pasan de inspectores a inspectores principais; José Manuel Álvarez López, Anselmo Carou Feijoo, José Francisco García Rodríguez e José Antonio Pena Santamarina, que pasan de oficiais a inspectores; e José A. Galego Fernández e Diana Parente Pampín, que ascenden de policías a oficiais. Estes novos mandos serán recibidos polo alcalde, Ángel Currás, e polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, nun acto en Raxoi o luns 10.

Compartir: