DEPORTES

Aberto o circuíto da Xira Galega de Karting no recinto feiral de Amio

07/06/2013 A Xira Karting está xa por quinto ano en Compostela para ofrecer a posibilidade de pilotar un kart a través dun circuíto preparado especialmente para a ocasión no recinto feiral de Amio. O Concello de Santiago facilitou que os escolares puideran subirse de balde a estes pequenos vehículos na sesión inaugural.

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, participou na apertura desta Xira Karting 2013 nunha sesión destinada aos escolares de Santiago, que puideron gozar dunha sesión completa de pilotaxe de balde. Para os demais interesados, o circuíto estará aberto ata o domingo 9 de xuño, cun horario oficial será de 12:00 a 14:00 horas, o sábado e o domingo, e de 16:30 a 21:30 horas polas tardes.

Para que ninguén quede sen pilotar, a organización dispón de 19 vehículos, entre os que se inclúen dous biprazas e cinco karts de gran potencia. Entre as novidades deste ano está a ampliación da zona de animación, na que os asistentes poden participar en xogos, inchables e actividades deportivas.

Compartir: