DEPORTES

Máis de 300 ximnastas participarán en Santa Isabel na II Gala Ximnasia Rítmica

06/06/2013 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a II Gala Ximnasia Rítmica, que se celebrará o sábado 8 de xuño, ás 18:15 horas, no pavillón de Santa Isabel. Acompañouno a adestradora do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, María Cañabete, que lembrou que o evento terá tamén un compoñente benéfico, coa recollida de tapóns solidarios para o tratamento de Matías, o neno de Teo afectado por unha lesión cerebral.

Máis de 300 ximnastas de diferentes idades participarán nesta Gala, case 150 máis que na primeira edición. Haberá un total de 39 exhibicións, tanto escolares como competitivas, individuais e de conxunto. A entrada é gratuíta.

Adrián Varela ratificou o apoio municipal ao traballo que vén realizando o club Rítmica Compostela, nado en 2011 e que cada ano aumenta o número de pequenas que se queren iniciar nesta práctica deportiva e artística.

Direccións relacionadas



Compartir: