ALCALDÍA

O Concello habilitará un espazo na escola unitaria de Verdía para centro sociocultural

01/06/2013 O alcalde informou onte os veciños na reunión que mantiveron cos reprsentantes de FERUSA que o Concello habilitará un espazo na escola unitaria de Verdía para centro sociocultural, logo de que Adif suspendera o uso que para este fin se desenvolvía na estación do ferrocarril.

Os veciños coincideron co goberno en que foi unha decisión non acertada a tomada polo bipartito de invertir 156.000 euros no acondicionamente da estación de Verdía, cando o Concello dispoñía de locales en propiedade para o desenvolvementos das actividades da asociación de veciños, como é o caso da escola unitaria.

Tamen repasaron as inversións no rural, nun encontro cordial que se extendeu preto de dúas horas, e no que estiveron presentes os concelleiros María Pardo, Francisco Noya, Luis Bello e José María Rosende.

O obxectivo da reunión foi escoitar de primeira man as demandas dos veciños, entre as máis importantes, a posibilidade de modificar o PXOM para que terreos clasificados como urbanos nos que non hai servizos básicos e polo tanto non son edificables poidan pasar a ser de núcleo rural. E incluso, estudar a posibilidade de estabrecer bonificacións no IBI para aquelas propiedades situadas nas ordenanzas 16 e 17 que carecen de servizos básicos, para o que se manterán reunións cos técnicos co obxecto de delimitalas.

Compartir: