MEDIO RURAL

O Concello segue apostando polo rural con novos convenios e inversións

31/05/2013 O concellerio de Relacións co Medio Rural, Francisco Noya, xunto co concelleiro adscrito a esta área, Luis Meijide espuxeron as obras e convenios que se van executar no rural nunha aposta clara por este ámbito do Concello.

Noya agredeceu a implicación tanto de Luis Meijide como de José Rosende, xa que sen ter dedicación exclusiva e fóra do seu horario de traballo ben á hora de xantar ou ben a partir das 19.30 h, nestes dous meses recorreron case todas as parroquias, recollendo ás demandas das asociacións de veciños.

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia firmarán tres convenios que afectan ao rural da cidade: un convenio de desbroce de pistas forestais para a prevención de incendios, o mesmo que o ano pasado, no que a subvención é de 19.000 euros; un novedoso convenio polo que se contratará unha brigada de seis operarios para levar a cabo traballos de prevención e extinción de incendios mediante desbroce manual en pistas, camiños ou fincas municipais ou de descoñecido, entre xullo e setembro, subvencionado en 20.000 euros.

E por último o Plan marco de dinamización do rural para o firme e acondicionamento de pistas, onde a Xunta mediante fondos FEADER aportarán 66.000 euros e o Concello
o IVE a maiores. A oferta deste último publicarase no DOG durante o mes de xuño.

Tamén atópase en proceso de adxudicación o rebacheo e ademáis no departamento de obras están a preparar o prego dos desbroces, de cara ás festas patronais das parroquias.

Luis Meijide tamén se referiu á execución das POS 2012. En Vilar de Outeiro e Barciela xa están rematadas as obras de mellora do firme; en Lavacolla, Aríns e Marrozos están traballando nestes momentos. A vindeira semana comezarán as obras en Eixo de Arriba e en Frades están pendentes de adxudicación, posto que se trata dunha obra complementaria na que se imputará as baixas existentes nese POS.

En relación ás obras do POS 2013, o Concello está pendente da súa aprobación por parte da Deputación, o que suporá un importe de 600.000 euros.

Francisco Noya, tamén lembrou que a Xunta de Goberno, na sesión do xoves 30, aprobou a adxudicación das obras de mellora e acondicionamento de varios viais do rural, dentro do plan DTC-94 da Deputación da Coruña. Son o vial San Marcos, vial Reborido-Ameixenda, Marzo de Abaixo-Quintáns, A Sionlla de Arriba-cruce coa N-550 e, por último, melloras de gabias en cen quilómetros nas parroquias do medio rural. Medio millón de euros que se executarán este mes. Fóra deste plan, pero financiado con fondos europeos FEADER, adxudicouse o contrato para a construción do campo da festa en Nemenzo.

Esta noite ás 21.30 h terá lugar unha reunión no local social de Enfesta onde o alcalde compostelán, Ángel Currás e os concelleiros Francisco Noya, María Pardo, Luis Meijide e José María Rosende, se van reunir cos representantes de FERUSA co obxectivo de atender de cerca as súas demandas. Entre elas, a posibilidade de modificar o PXOM para que terreos clasificados como urbanos nos que non hai servizos básicos e polo tanto non son edificables poidan pasar a ser de núcleo rural.

Compartir: