EDUCACIÓN

Xornada formativa sobre a dieta sen glute para monitores de comedores escolares

30/05/2013 A casa das asociacións de Cornes acolle hoxe pola tarde esta actividade na que participan 36 profesionais.

Hoxe xoves, día 30 de maio, terá lugar unha xornada formativa dirixida aos monitores e monitoras adscritos ao Programa de comedores escolares, que o Concello de Santiago desenvolve en nove centros de ensino da cidade, como resultado da colaboración establecida coa Consellería de Educación.

Esta actividade de formación, na que participan 36 profesionais, realizarase na Casa das Asociacións de Cornes entre as 17,30 e as 19,30 horas e traballaranse, entre outros contidos a enfermidade celiaca, a manipulación de alimentos, os produtos con e
Sen glute e a conformación de menús.

Esta xornada formativa é posible pola colaboración da Asociación Galega de Celíacos e o interese de prestación dun mellor servizo de comedores escolares.

Compartir: