ECONOMÍA

Máis de cen empresas participan na 3ª Edición de Getting Contacts

30/05/2013 A concelleira de Economía, Reyes Leis, presidiu a apertura de Getting Contacts que se celebra en Santiago, organizado polo Concello e por AJE, coa colaboración de Área Central. Trátase da terceira edición que se celebra na cidade deste encontro empresarial, un evento de networking orixinal mediante unha axenda de contactos que se desenvolve baixo o paraugas de Santiago Investors Support, o programa municipal para o apoio aos emprendedores e empresarios da cidade.

Getting Contacts ten coma obxectivos fortalecer ás empresas locais, facilitando os contactos e o networking, xerar novas oportunidades de negocio, atraer a empresarios de outras pobacións e abrir as portas a novas inversións. Getting Contacts! conta cunha metodoloxía propia, que permite garantir a cada participante unha axenda persoalizada segundo os seus intereses, con como mínimo 15 entrevistas de alta efectividade.

Esta será a terceira edición que se celebra o evento en Santiago en apenas un ano, sinal de que se trata dun encontro interesante para as empresas e os emprendedores, que saben que nun tempo reducido poden entablar contactos interesantes para os seus proxectos. Nesta ocasión participan 120 empresas, de tal xeito que nas tres edicións que se teñen celebrado ata o momento o número de empresas participantes supera xa as 350. Así, pódese estimar que nestes encontros se teñen xerado máis de 5.250 entrevistas de alto interese para os participantes.

Compartir: