EDUCACIÓN

O Concello súmase aos actos de celebración do 20 aniversario do CEIP de Fontiñas

30/05/2013 O colexio, que xa festexou o décimo aniversario, comezará as celebracións no mes de setembro. O seu director, Santiago Conde, expresou o agradecemento pola colaboración institucional e quixo invitar persoalmente ao alcalde aos actos de conmemoración.

O alcalde, Ángel Currás, asistirá aos festexos do 20 aniversario do colexio de Fontiñas, que terán lugar a partir do mes de setembro. En palabras do rexedor compostelán "o CEIP Fontiñas é un gran centro educativo que soubo adaptarse ao longo destes vinte anos aos tempos e que presta un bo servizo aos rapaces de Fontiñas".

O vindeiro 18 de xuño terá lugar a presentación dos actos previstos para conmemorar esta data.

Compartir: