ECONOMÍA E EMPREGO

O Cersia acolle a Xornada técnica "Rendibiliza o capital intanxible da túa empresa. Incentivos fiscais á I+D"

29/05/2013 Este evento conta cun gran éxito de convocatoria entre as empresas relevantes da economía Compostelana e consultoras especializadas en I+D+i.

A xornada contou coa asistencia de importantes profesionais do sector e con máis de 36 empresas de referencia que teñen gran experiencia no desenvolvemento de actividades de I+D+i. Ademáis realizouse unha análise práctica de cómo beneficiarse dos incentivos fiscais vixentes para as actividades de I+D+i, unha actividade organizada polo Concello de Santiago en colaboración con EQA e o Ministerio de Economía e Competitividade Baixo o nome Patent Box e Compra Pública Innovadora.

A apertura da xornada estivo a cargo da concelleira de Economía e Emprego Reyes Leis. Tomaron a palabra Ángel Pérez, xefe de servizo da Dirección Xeral de Innovación e Competitividade, da Secretaria Xeral de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, do Ministerio de Economía e Competitividade, que presentou as ferramentas e novidades para a financiación da innovación; Antonio Rodríguez, xefe de División de Xestión da Innovación – SEGAPI-, da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía e Industria, que expuxo as novas liñas de subvención da Axencia Galega de Innovación; Javier Dader, director de EQA I+D+i quen descubriu a optimización dos incentivos fiscais para actividades de I+D+i; e Roberto Pereira presidente do Colexio Oficial de Economistas de Galicia que foi o encargado de moderar a xornada.

Compartir: