ALCALDÍA

O Obradoiro recibe a homenaxe e o aplauso da Corporación

29/05/2013 Despois de disputar os play off da liga de baloncesto por primeira vez na súa historia, o Blusens Monbus, directivos e xogadores, foi recibido no Pazo de Raxoi pola Corporación compostelá encabezada polo alcalde, Ángel Currás.

Con esta recepción o Concello quixo salientar o importante papel que desempeñou o equipo obradoirista na liga, sobrepoñéndose aos obstáculos, superando as metas iniciais e alcanzando os play off por primeira vez na súa historia.

O rexedor fixo fincapé no espíritu de superación do conxunto, comandado por un compostelán, o adestrador Moncho Fernández. O técnico agradeceu o apoio institucional recibido e como mostra fixo entrega ao alcalde, xunto co capitán Oriol Junyent, dunha camiseta asinada por todos os xogadores. Ángel Currás agradeceu tamén ao equipo que levaran o nome da cidade e da súa praza máis emblemática por toda España e recalcou que este equipo "está facendo historia". Rematou cun desexo "o ano que ven esperamos o mesmo ou máis. Sabemos que é posible".

Compartir: