DEPORTE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Chano Rodríguez Veloso compartiu cos mozos composteláns a súa historia de superación

29/05/2013 O Centro Sociocultural do Ensanche acolleu un encontro co laureado nadador paraolímpico Chano Veloso. Este encontro enmárcase dentro do programa "Espello deportivo" no que colaboran a Concellería de Normalización Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto estivo presenta a concelleira Rebeca Domínguez.

O proxecto ten como obxectivo promover valores asociados ao deporte- esforzo, compromiso, constancia…- dun xeito personalizado a través do exemplo dun deportista olímpico ou paralímpico galego. Estes exemplos poñen en valor diante dos mozos e mozas as prácticas e comportamentos que toda a sociedade quere promover, entre eles os que teñen que ver coa identidade e a lingua galega. "É difícil influenciar no eido comunicativo da xuventude por iso preténdese chegar a eles para promover o uso da nosa lingua no marco do deporte" testemuñou Valentín García no acto de presentación durante a rolda de prensa do pasado luns 27.

O actor e director Rubén Riós, responsable da empresa Claqueta Coqueta que promove este evento, acompañou a intervención de Sebastián Rodríguez Veloso "Chano". Así mesmo proxectouse un documental do deportista en situacións da vida cotiá, do seu entorno máis cercano, cos obstáculos e dificultades que afrontaron ao longo da súa traxectoria o que permitiu un achegamento aos asistentes, reflexando un lado emocional máis alá dos logros acadados.

Compartir: