CULTURA

O luns 3 de xuño preséntanse no CGAC as Xornadas de Música Contemporánea 2013

28/05/2013 No ano 2012 renacen en Santiago de Compostela as Xornadas de Música Contemporánea co obxectivo de fomentar e difundir as últimas tendencias e a innovación da música contemporánea.

Na segunda edición mantense a mesma liña de traballo e colaboración institucional con que arrancou froito da iniciativa, coordinación e promoción da Universidade de Santiago, o Centro Galego de Arte Contemporánea e o Concello de Santiago, e a quen se sumaron as achegas do Consorcio de Santiago, da Fundación Cidade da Cultura e do Consorcio para a Promoción da Música da Coruña e as colaboracións de institucións pedagóxicas musicais da cidade como o Conservatorio Profesional de Música e a Escola Municipal de Música.

O acto de presentación será no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) luns 3 de xuño ás 12.00h e contará coa presencia do alcalde, Ángel Currás, Miguel Ángel Recio, director xeral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, (INAEM), Antonio del Moral (director do Centro Nacional de Difusión Musical, CNDM), Francisco Ramón Durán Villa, vicerrector de estudantes, cultura e formación continua da USC, María Antón, xerente do Consorcio de Santiago de Compostela, Beatríz González Loroño, directora – xerente da Fundación Cidade da Cultura, Andrés Lacasa, xerente do Consorcio para Promoción da Música da Coruña, Miguel von Hafe director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e José Victor Carou director –xerente do Auditorio de Galicia.

Compartir: