EDUCACIÓN E SEGURIDADE

A campaña "Race for Safety Road" comeza en Santiago a súa andadura nacional promovendo a educación viaria nos condutores do futuro

28/05/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, o concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luís García Bello, o director de Seguridad Vial do Real Automóvil Club de España-Race, Tomás Santa Cecilia e o coordinador nacional de Educación Vial, Juan Antonio Sánchez Trillo, presentaron no paseo central da Alameda este programa que tratará de ensinarlles aos rapaces como identificar os riscos e os perigos presentes na vía.

O Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Educación, en colaboración co Real Automóvil Club de España (RACE), inician a campaña "RACE-FIA ACTION RAOAD SAFETY". Este programa enmárcase dentro da estratexia global de Seguridade Viaria das Nacións Unidas para a década 2011-2020, co obxectivo de promover unha cultura viaria nos escolares usuarios da vía, ensinándolles a identificar os riscos e os perigos presentes, como ciclistas, peóns ou pasaxeiros, así como as medidas de prevención e autoprotección.

María Castelao quixo agradecer a RACE que elixira Santiago como cidade inicio desta andaina e salientou a importancia que para o seu Departamento ten a educación vial dos que serán os condutores do futuro. Pola súa banda, Luis Bello, inicidiu na relevancia de formar bos condutores e concienciados usuarios da vía pública en primaria e infantial, idades nas que somos máis vulnerables ante o perigo.

A Escola RACE está a desenvolver para este curso 2012-2013 a estratexia da Federación Internacional do Automóbil (FIA) en educación e seguridade viaria (FIA-Action For Road Safety), a través dunha campaña itinerante polas cidades máis importantes de España. Con esta finalidade imparte cursos de formación viaria destinados aos escolares de primaria e secundaria. O seu programa inclúe unha aula móbil e un parque temático para realizar os obradoiros. A escola RACE conta cun equipo de psicólogos e de monitores especializados na educación viaria para realizar este programa. Cada sesión conta con parte teórica e con unha parte práctica a través de obradoiros didácticos.

As actividades organizaranse na escola móbil do RACE, situada no Paseo da Alameda. Tamén se van instalar tres carpas anexas a esta aula móbil, para desenvolver diversos obradoiros didácticos.

As actividades para escolares estarán ata o día 31 en horario de 9,30 h. ata ás 13,30. Para os demais que queiran achegarse ata a Alameda polas tardes haberá xornada de portas abertas para toda a cidadanía, ata ás 19,00 h.

Compartir: