Os centros socioculturais animan a participar nun vídeo sobre os cines de Compostela

28/05/2013 Os centros socioculturais buscan persoas interesadas en participar na gravación dun vídeo no que se recollerán todas as testemuñas da historia da cidade en torno a esta temática contadas polos seus protagonistas.

A preparación da segunda edición do programa Compostela Cine Classics, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais, inclúe nesta ocasión unha atractiva exposición sobre a historia dos cines de Compostela e que poderá ser visitada no mes de novembro no centro sociocultural das Fontiñas.

Coa finalidade de animar a todos os veciños e veciñas interesados en compartir as súas lembranzas e anécdotas en relación aos cines búscase persoas que queiran relatar as súas testemuñas.

As persoas interesadas poden preguntar no centro sociocultural máis próximo, onde apuntarán os seus datos de contacto, así como un horario preferente para ser entrevistado.

Ata finais do mes de xuño estará aberto o prazo para que as persoas interesadas se poñan en contacto para participar nesta iniciativa.

O vídeo coas testemuñas dos participantes formará parte da exposición "OS CINES DE COMPOSTELA".

Localiza os centros en www.santiagosociocultural.org

Compartir: