CULTURA

Albert Pla presenta "Manifestación" dentro do programa Íntimo&Acústico

27/05/2013 O Teatro Principal acolle o venres 31 a partir das 21h o espectáculo Manifestación, que xira arredor dun home atrapado nunha manifestación eterna

Albert Pla nace en Sabadell o 22 de setembro de 1966. En 1988 gana o premio ao Mellor Intérprete e Canción da IV Mostra de Canción de Autor en Xaén. Un ano despois saca o seu primeiro disco "Ho Sento Molt" P.D.I, roda os videoclip "La Platja" e "La Nana del I’Antonio" (que representa a TVE nas televisións rexionais de Linz (Austria), ofrece un importante recital no Palau da Música Catalá e obtén o Premio Nacional de Música da Generalitat de Catalunya. En 1990 presenta o seu segundo disco "Aquí S’Acaba El Que Es Donava".

En 1993 inclúe 2 cancións na BSO de "Mi Hermano Del Alma" de Mariano Barroso e unha canción en "El Día De La Bestia" xunto a Extremoduro na BSO para o director Alex De La Iglesia.
En "Carne Trémula" de Pedro Almodóvar inclúe a canción "Sufre Como Yo" na BSO. En 2011 edita os seus dous últimos traballos: "Concert a Paris" Albert Pla i Joan Miquel Oliver

As entradas están á venda na billeteira do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es , no número 902 434 443 e en A Reixa Tenda.

Compartir: