CULTURA

Chega a Santiago a exposición de arte étnico Orinoco con 1500 pezas representativas das 12 etnias que habitan no Amazonas venezolano

27/05/2013 A Colección Orinoco, que está considerada a mostra de arte étnica máis importante de Latinoamérica, viaxou durante 13 anos polas institucións culturais más importantes e recibiu máis de sete millóns de visitas. O alcalde e a corporación recibiron no Pazo de Raxoi á familia Cisneros, dona da colección.

Chega a Santiago de Compostela na primeira vez que visita España para disfrute de todos aqueles que queiran sumerxirse na cultura, arte e tradición das doce etnias que habitan no Amazonas venezolano. A exposición está composta por obxectos utilitarios de cada un dos pobos indíxenas entre os que figuran máscaras, cestería, adornos corporales, instrumentos musicais, canoas, instrumentos de pesca ou obxectos de uso cotidiano e máxico-relixiosos.

A mostra, que se expón na Cidade da Cultura, complétase con fotografías recollidas polo fotógrafo e explorador Charles Brewer e por Edgardo González e estará ambientada pola música ceremonial de catro etnias da Amazonia.

A exposición pertence á Colección Patricia Phelps de Cisneros e poderase visitar no Gaiás ata xaneiro do 2014.

Compartir: