BENESTAR SOCIAL

O Concello únese á celebración do Día Nacional do Celíaco

25/05/2013 Un ano máis, a Asociación de Celíacos de Galicia celebrou o seu día cunha xuntanza en Santiago, no pavillón do IES de Fontiñas. O concelleiro Luis Meijide acudiu ao encontro en representación do Concello.

O vindeiro luns, 27 de maio, celébrase o Día Nacional do Celíaco, pero os membros da Asociación en Santiago decidiron comezar os actos este sábado cun encontro de confraternización que tivo lugar no IES de Fontiñas. Déronse cita membros das asociacións de celíacos de toda Galicia.

Na xuntaza os asistentes puideron poñer en común os avances sobre a celiaquía, ademais de asistir a un sorteo de produtos sen glute. O luns, o praza do Toural acollerá unha mesa informativa para que os composteláns poidan coñecer máis de cerca esta doenza. Asistirá a concelleira de Benestar Social, María Castelao.

Compartir: