URBANISMO

Santiago únese á Rede CiViNET, que promove a mobilidade sostible urbana

25/05/2013 A concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, María Pardo, representou ao Concello no encontro, que se celebrou en Santander os días 23 e 24 de maio.

Durante o IV Foro CiViNET España e Portugal constituíuse oficialmente a Rede CiViNET España e Portugal como Asociación. En total, 22 cidades preocupadas pola mobilidade sostible urbana, tres delas portuguesas e o resto españolas: Murcia, Santander, Funchal, Leon, Salamanca, Santiago de Compostela, Coímbra, Oviedo, Ponferrada, Vitoria-Gasteiz, Badajoz, A Coruña, Móstoles, Aranjuez, Torres Vedras, Irún, Pontevedra, Alcobendas, Sevilla, Mancomunidade de Municipios Sostibles, Palencia e Burgos.

Durante a súa primeira Xunta Directiva decidíronse os cargos, e concluíuse que a presidencia, ata setembro, a ocuparían as cidades de Murcia e Funchal, tal e como se recollía na Rede cando aínda non era Asociación. Dende Setembro, a presidencia correrá a cargo das cidades de Santander e Coímbra, ocupando as actuais presidencias a vicepresidencia. Burgos continuará como ata agora cos seus labores de ser a Secretaría, ademais da Sede da Rede.

O acto, ademais, estivo acompañado de charlas e presentacións de diversas cidades e proxectos.

Compartir: