ECONOMÍA

O Cersia acolle o I Encontro de de Xuristas e Executivos e Executivas pola corresponsabilidade

24/05/2013 A concelleira de Economía, Reyes Leis, exerceu de anfitriona na inauguración do encontro, que se celebrou no edificio Cersia de San Lázaro e que contou coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O obxectivo das xornadas inauguradas é poñer en común os distintos puntos de vista dos xuristas, empresarios e executivos respecto ás posibles medidas e accións a tomar co fin de lograr unha corresponsabilidade efectiva en todos os ámbitos da sociedade.

Segundo indicaron a concelleira e o vicepresidente, a necesidade de responsabilidade compartida é un punto clave no desenvolvemento dunha sociedade verdadeiramente igualitaria, e incidiron en que a ausencia desta corresponsabilidade está no cerne da discriminación laboral, das diferenciais salariais ou da dependencia económica.

Compartir: