BENESTAR SOCIAL

A concelleira María Castelao recolle un premio en Palencia no marco do programa Thao

24/05/2013 O VIII Encontro Thao Palencia aúna conferencias de profesionais da saúde infantil con mesas redondas e grupos de traballo para escolas, ampas, profesionais da saúde e empresas. A concelleira de Benestar, María Castelao, representou ao Concello e recolleu o premio que acredita á cidade como participante no proxecto.

A cidade de Santiago de Compostela, concienciada da importancia de promocionar os hábitos de vida saudables entre os nenos, estivo presente nas xornadas que comezaron o día 23 de maio e que reuniron a multitude de expertos que compartiron os seus coñecementos nesta materia. O Concello foi premiado por pertencer e traballar no marco do programa Thao desde hai catro anos.

Máis de 100 profesionais entre especialistas da saúde, nutrición e deporte así como alcaldes, concelleiros e técnicos municipales de toda España dérenose cita para debatir e compartir experiencias relativas á saúde infantil.

Os obxectivos sobre os que xiran as xornadas son a actividade física e a movilización social dos axentes implicados.

O acto de clausura presídeo Henri García, director da Fundación Thao.

Compartir: