BOMBEIROS

A Asociación Sociodeportiva Cultural dos Bombeiros de Santiago fixo entrega á Cruz Vermella e a Cáritas de alimentos e roupa

23/05/2013 Concienciados da situación económica actual, a Asociación Sociodeportiva dos bombeiros de Santiago puxo en marcha esta iniciativa solidaria coa que se recabaron 100 quilos de alimentos en menos dun mes.

Ademais de alimentos tamén se recolleu roupa que se entregou a Cáritas. Os 75 socios desta asociación conseguiu reunir nun mes a cantidade de 100 quilos gracias á familia, aos coñecidos e amigos.

Antes de escoller á Cruz Vermella e a Cáritas pensaron noutras asociacións, como a Cociña Económica pero decantáronse por estas finalmente.

Durante o ano pasado 290 persoas precisaron axuda do banco de alimentos da Cruz Vermella de Santiago e segundo cifras de Cáritas 4000 composteláns viven es situación de pobreza extrema.

Compartir: