DEPORTES

O V Campionato feminino sub 16 de España de Hockey a patíns celebrarase en Santiago os días 24, 25 e 26 de maio

23/05/2013 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, xunto con Jesús Franco, vicepresidente do Club Hockey Compostela e Javier Sánchez, membro da directiva do clube, presentou o V Campionato femenino de España sub 16 de Hockey.
O pavillón de Vite acollerá este evento confirmando así a achega do Concello de Santiago a este deporte

O Concello de Santiago, na súa línea de apoio ao deporte local, presenta este evento como un referente dentro do mundo do Hockey. En palabras do edil "é un bo momento para ver ás futuras estrelas do hockey feminino, que nos van dar grandes éxitos no futuro".

Este é o segundo ano no que se celebra este campionato na cidade e coincide co quinto aniversario do Club Hockey Compostela. A competición fará enfrontarse a equipos procedentes de Cataluña, Madrid, Asturias e de Santiago.

Jesús Franco destacou que "o nivel do campionato vai ser moi alto xa que os clubes están conseguindo moitos éxitos para o pouco tempo que levan competindo" o que da lugar a unha ampla progresión do hockey en Galicia.

Póla súa banda, Javier Sánchez agradeceu ao Concello a súa colaboración e os medios prestados: "estamos nun momento no que hai que promocionar o deporte de base e en especial o deporte feminino".

O concelleiro de Deporte anunciou que no último trimestre deste ano vanse adaptar unhas novas instalacións para que o clube poida desenvolver a súa actividade en mellores condicións.

Compartir: