BENESTAR SOCIAL

Santiago asiste ao VIII Encontro Thao de prevención da obesidade infantil

23/05/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asiste en Palencia ao VIII Encontro Thao, que baixo o título ¡Móvete póla saúde infantil! engloba un ciclo de conferencias e mesas redondas en dúas xornadas sobre a promoción de hábitos saudables entre os rapaces.

O programa Thao-Salud Infantil é un programa municipal e comunitario de promoción de hábitos saudables entre os nenos e nenas de 0 a 12 anos, e as súas familias. Promove a alimentación equilibrada, variada e pracenteira, e a actividade física regular, estimula os hábitos adecuados de descanso e intervén de maneira transversal sobre os factores psicolóxicos, emocionas e da relación familiar e social.

Este programa enmárcase dentro dos plantexamentos da Estratexia Naos, levada a cabo dende o 2005 pola Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) e o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociais e Igualdade, co fin de previr a obesidade infantil en España.

A concelleira María Castelao asiste á xornada de tarde na que profesionais de distintos ámbitos como as escolas, ampas, saúde, empresas e productores alimentarios e responsables políticos abordarán temas realicionados coa obesidade infantil e a súa prevención. Tamén participará no taller sobre educación para a saúde en grupo importido polo profesor Salvador Sáez.

Na xornada do venres, a edila de Benestar estará na posta en común das conclusións dos grupos de traballo e na entrega de premios Cidades Thao.

Compartir: