XUVENTUDE

O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche acolleu unha nova xornada do programa Os xoves emprende

23/05/2013 A Concellería de Xuventude, xunto coa Junior Empresa JEMSA, puxo en marcha este programa o pasado 25 de abril, co fin de mellorar as competencias emprendedoras e axudar a mozos e mozas con inquedanzas comúns.

Guillermo Viña, xerente de IGAPENOVA ofreceu,nesta ocasión, unha conferencia sobre a elaboración e avaliación de proxectos empresariais. Nesta xornada tamén se contou coa presenza do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro que expuxo as funcións das institucións de apoio en relación ao financiamento e asesoramento. A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, fixo a introducción desta conferencia.

Aínda quedan dúas xornadas por diante, o día 13 e a clausura o día 20, cunha conferencia de Florentino Cacheda, presidente de Florentino e deseñador de moda.

Para participar nas xornadas é necesaria unha inscrición previa no centro cultural do Ensanche ou enviando a ficha de inscrición a: dptoxunventude@santiagodecompostela.gal.

Compartir: