CULTURA

Compostela homenaxea a Valle-Inclán cun maratón de lectura organizado pola Fundación Granell

22/05/2013 Ao escritor de Vilanova de Arousa vai adicado este ano o maratón de lectura, que como cada ano dende 1998 organiza a Fundación Granell e que en cada sesión escolle un escritor vinculado á figura de Eugenio Granell. As concelleiras Rebeca Domínguez e María Castelao participaron no acto lendo unha pasaxe das obras do escritor.

Arredor da estatua do dramaturgo e poeta, que se atopa no paseo da Ferradura, alumnos do colexio San José de Cluny deron lectura aos seus sonetos, ao igual que as dúas concelleiras.

É unha actividade á que calquera se pode sumar ao longo do día achegándose á sede da Fundación na praza do Toural.

A relación de Valle Inclán con Compostela comeza de rapaz, cando a súa familia se traslada á Capital e el inicio os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Eugenio Granell declarou nunha ocasión que "sentía unha especial admiración por Valle Inclán".

Compartir: