DEPORTES

O Auditorio acolle o I Curso sobre dereito do fútbol con expertos ponentes na materia

22/05/2013 Presentouno o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, que estivo acompañado polo presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares, e polo presidente do Comité de Disciplina Deportiva, Ulises Bértolo, tamén director do curso.

O curso, que se desenvolverá no Auditorio de Galicia, terá lugar os días 24, 15 e 26 de maio. Organízao a Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello e está orientado a todas aquelas persoas vinculadas ao mundo do fútbol que queiran aumentar os seus coñecementos neste ámbito. Diríxese principalmente a abogados, economistas, universitarios, licenciados en INEF ou dereito, directivos e traballadores de clubes e entidades deportivas, xogadores e colectivos varios.

O curso quere incidir, en palabras do concelleiro "na formación de tódolos dirixentes deportivos e do tecido asociativo deportivo de Santiago para que poida seguir formándose e mellorando os seus coñecementos ademais de incidir na profesionalización do deporte base". Pola súa banda, o presidente da Federación, José García Liñares, quixo agradecer a colaboración do Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte neste tipo de actividades.

O programa do curso componse de tres módulos, un primeiro sobre réxime laboral e fiscal. O segundo versará sobre a organización do fútbol, o réximen xurídico, a distribución de competencias, as licenzas deportivas, os dereitos inherentes á participación na competición, a intermediación laboral e os axentes deportivos e o réxime concursal. Para rematar, haberá un terceiro módulo sobre disciplina deportiva, a solución de conflictos e a responsabilidade civil. Según Ulises Bértolo "Serán 20 horas lectivas nas que os participantes obterán unha visión xeral da práctica do deporte e do fútbol en particular, intentando dar resposta dende o punto de vista fiscal e laboral"

O profesorado está composto, entre outros, polo presidente do Comité Galego de Xustiza Deportiva Miguel Juane Sánchez, o secretario xeral da Federación Galega de Fútbol Diego Batalla Bautista, o presidente da Organización de Inspectores de Hacienda Juan Ramsés Pérez Boga ou o diretor da Asesoría Xurídica da Federación Galega de Fútbol Ulises Bértolo García.

Compartir: